Premios autonómicos

Os premios autonómicos ao alumnado son premios convocados anualmente pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en réxime de concorrencia competitiva, cuxo obxectivo é mellorar o sistema educativo mediante o fomento da excelencia educativa e a posta en valor do esforzo e a superación persoal.

No caso dos premios extraordinarios, o obxectivo é recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico as súas correspondentes etapas educativas na Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal, o obxectivo é recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente aproveitamento académico a educación secundaria obrigatoria e merece un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrados ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno familiar e sociocultural.

Premios autonómicos